top of page

Unha muller sufríu a amputación dunha perna tras ser atropelada por unha moto

Ecos da Comarca/Xeral

En estado grave unha muller tras ser atropelada por unha moto en Marín. A ferida sufriu a amputación dunha perna e entrou en parada cardiorrespiratoria. O equipo médico conseguiu recuperala e foi conducida ao Hospital de Montecelo, en Pontevedra. Tamén necesitou asistencia médica o motorista, pois co impacto saíu despedido e está afectado por diversas fracturas, tal e como informa o 112 Galicia.

Foto de arquivo.
Foto de arquivo.

O 112 Galicia tivo coñecemento do suceso tras atender varias chamadas de distintas persoas, que solicitaron asistencia médica urxente para ambos os dous implicados no accidente. Era preto das sete desta tarde.


Segundo explicaron os alertadores, a moto alcanzara a muller, que perdera unha das súas pernas. Con esta información, os xestores do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias de Galicia pediron a colaboración dos profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, así como dos axentes da Policía Local e dos voluntarios de Protección Civil de Marín.


 PUBLICIDADE

Preme na imaxe para obter máis información do evento.
Preme na imaxe para obter máis información do evento.

Á súa chegada, os equipos médicos comprobaron o estado no que se atopaba a muller, cunha perna amputada e en parada cardiorrespiratoria. Sen embargo, conseguiron recuperala e trasladala ao Hospital Montecelo de Pontevedra.


PUBLICIDADE

Preme na imaxe se queres contactar connosco.
Preme na imaxe se queres contactar connosco.

Ademais, co impacto, o motorista saíu despedido varios metros e sufriu diversas fracturas. 

O accidente rexistrouse en Seixo, Marín, concretamente na Avenida Otero Ulloa. 



Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page