Ecos da Comarca/Santiso

Unha muller quedou ferida de consideración este venres no concello de Santiso tras ser atacada por un can. O suceso ocorreu en Barazón Grande.
O 112 Galicia tivo coñecemento da situación ao fío das 11:30 horas, a través dunha persoa particular. Segundo indicaba, o can mordera e tiráraa ao chan á muller, feríndoa na cabeza.
Acto seguido, desde o 112 Galicia pasouse o aviso a Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que mobilizou o helicóptero medicalizado con base en Santiago ata o centro de saúde de Melide, onde a muller fora trasladada previamente. Tamén se puxo a situación en coñecemento da Garda Civil.
Comments