Ecos da Comarca/Xeral
Unha muller resultou ferida ao caerlle enriba un arado en Xinzo de Limia. Foi evacuada en helicóptero ao Complexo Hospitalario Universitario de Ourense.

Publicidade
O 112 Galicia tivo constancia dos feitos a través do persoal de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, ás 13 horas. Na súa comunicación, informaban da mobilización do seu persoal a bordo do helicóptero medicalizado con base en Ourense para atender á ferida, que quedara atrapada debaixo dun arado en Barrio Lama da Vila-Ganade, Xinzo. Con todo, xa a conseguiran liberar as persoas que se atopaban no punto.
Desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias activouse un operativo no que participaron, ademais dos servizos sanitarios, a Garda Civil e a Policía Local de Xinzo.
A implicada foi atendida e trasladada ao hospital ourensán a bordo da aeronave medicalizada.
Comments