top of page

Unha muller precisou asistencia sanitaria logo de tratar de apagar un lume nunha vivenda da Estrada

Foto del escritor: ecosdacomarcaecosdacomarca

Ecos da Comarca/Xeral

Unha muller precisou asistencia sanitaria logo de tratar de apagar un lume nunha vivenda da Estrada. Segundo comunicaron os servizos de emerxencias, o incendio puido orixinarse nunha decoración de Nadal, e a afectada foi atendida por unha posible inhalación de fume.

Foto de arquivo.
Foto de arquivo.

Dez minutos antes das 10 horas da mañá, a propietaria da vivenda contactou co 112 Galicia para alertar do incendio. Non había ninguén no interior da casa, situada no lugar das Quintas, pertencente á parroquia estradense de Tabeirós.


Publicidade  

De inmediato, activouse un operativo para o que se solicitou a colaboración de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, dos Bombeiros de Silleda, do GES e do Servizo Municipal de Protección Civil da Estrada, da Garda Civil e da Policía Local.


Unha vez apagado o lume, os efectivos do GES comprobaron que ardera o recibidor da vivenda, mentres que a planta superior viuse afectada por fume. Ademais, indicaron que os cables dunhas decoracións de Nadal estaban derretidos, polo que este puido ser a orixe do incendio.


Publicidade    

Preme na imaxe se queres contactar connosco.
Preme na imaxe se queres contactar connosco.

Unha muller que tentou apagar o lume polos seus medios foi atendida polos servizos sanitarios.

0 comentarios

Entradas recientes

Ver todo

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page