top of page

Unha muller ferida tras caerlle unha árbore sobre o seu coche

O 112 Galicia xestiona 300 incidencias relacionadas coa borrasca Nils


Ecos da Comarca/Xeral

O 112 Galicia xestionou un total de 300 incidencias relacionadas coa meteoroloxía adversa dende a medianoite ata as 18 horas de hoxe. Cómpre lembrar que nestes momentos permanecen vixentes alertas de nivel laranxa por chuvias e vento, así como un costeiro laranxa que acadará o nivel vermello no noroeste da Coruña ao longo das próximas horas. O suceso máis grave foi en Caldas de Rei onde unha moza de 20 anos quedou ferida tras caerlle unha árbore sobre o seu vehículo.

Accidente hoxe. Fonte: Emerxencias Cuntis
Accidente hoxe. Fonte: Emerxencias Cuntis

O Plan Inungal mantense activo en fase de preemerxencia. No que respecta ás incidencias máis repetidas, destacan a caída de árbores e pólas nas vías de circulación, con 104 casos rexistrados. Tamén foron recorrentes as intervencións por restos de accidentes e obxectos desprazados sobre o asfalto (17), así como as actuacións de prevención de riscos (como o apuntalamento de elementos inestables ou o saneamento de fachadas polos efectos do vento), con 28 actuacións. Finalmente, a intensidade das precipitacións deixou casos de asolagamentos en rúas (3), garaxes (1) e vivendas (3), así como bolsas de auga en diversas estradas. Durante o día tamén se contabilizaron 54 accidentes en estradas, 35 deles sen danos persoais. En dúas ocasións precisouse a intervención dos servizos de emerxencias para liberar a algún dos implicados.

 Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información do evento.
Preme na imaxe para obter máis información do evento.

En canto á distribución das incidencias, Pontevedra é a provincia máis afectada con 129 casos, seguida da Coruña con 101, Lugo con 42 e Ourense con 28. Os concellos con máis rexistros foron Vigo con 18, A Estrada e Lugo (10 cada un), A Coruña (9), Pontevedra (9) e Moaña (8).


Incidencias destacadas

Entre as incidencias máis destacadas rexistradas hoxe polo 112 Galicia figuran varios casos que requiriron a intervención dos servizos de emerxencias. Ás 15 horas, unha muller resultou ferida en Caldas de Reis despois de que unha árbore caese sobre o seu vehículo na EP-8002, en César; inicialmente pensouse que estaba atrapada, pero puido ser sacada sen excarceración e foi trasladada ao Hospital de Montecelo por Urxencias Sanitarias de Galicia-061, mentres que os Bombeiros do Salnés e Protección Civil de Cuntis liberaron o coche.

 Publicidade/DOAZÓN PARA ECOS DA COMARCA

Fai unha doazón para axudar ao xornalistmo independente. Gracias!
Fai unha doazón para axudar ao xornalistmo independente. Gracias!

Tras recibir aviso ás 12 horas, o Grupo de Apoio Loxístico e Intervención (GALI) da Axega colaborou no achique de auga no colexio de Mondariz-Balneario, xunto ao GES-SPEIS de Ponteareas e a Garda Civil. Ademais, o vento provocou caídas de uralitas e partes de fachadas sen danos persoais en diferentes puntos da comunidade. Por exemplo, en Pontevedra, onde afectaron a varios coches ou en Mos, onde se desprendeu o tellado dunha nave sen provocar danos persoais.


Dende o 112 Galicia recoméndase á cidadanía extremar a precaución nas zonas afectadas, evitar desprazamentos innecesarios e non achegarse a ríos, zonas costeiras ou áreas con risco de desprendementos.

Publicidade

Preme para contactar con nós e pregunta polas tarifas que son unha bicoca!
Preme para contactar con nós e pregunta polas tarifas que son unha bicoca!

Alertas activas

Arestora, permanece vixente unha alerta laranxa por fortes ventos no noroeste da Coruña e na Mariña de Lugo, mentres que o resto da provincia da Coruña, Ourense e o centro e sur de Lugo están en nivel amarelo. Todo o litoral galego atópase en alerta laranxa, e espérase un empeoramento a última hora do día no noroeste da Coruña, onde se acadará o nivel vermello. Ademais, activouse unha alerta laranxa por chuvias intensas no interior de Pontevedra, e varias zonas de Lugo, Ourense e Pontevedra continúan en amarelo por precipitacións.


No marco do Plan Inungal, varios ríos presentan niveis elevados. O listado actualizado está publicado na web da Axega.



Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page