Unha muller ferida nun accidente en Vilasantar
- ecosdacomarca
- 24 feb 2024
- 1 Min. de lectura
Ecos da Comarca/Xeral

Pasados uns minutos das 10:00 horas deste sábado, o 112 Galicia era informado dun. accidente na localidade de Vilansantar.
Publicidade
Tratouse dunha colisión entre dous vehículos que circulaban pola N-634, ao redor do quilómetro 67, en Barbeito, e unha muller resultou ferida.
Publicidade
Nada máis recibir o aviso do particular, os xestores do 112 puxeron os feitos en coñecemento do Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, dos axentes de Tráfico, dos Bombeiros de Arzúa, do GES de Curtis e dos efectivos da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil da localidade. O persoal do servizo de mantemento da vía tamén foi informado polo 112 Galicia.
Publicidade
Con todo, unha vez no punto, os membros do GES confirmaron que unha muller resultara ferida e tras a súa evacuación, procederon coa limpeza da vía.
Comments