Unha muller de avanzada idade falece tras caer nun pozo en Ames
- ecosdacomarca

- hace 11 horas
- 1 Min. de lectura
Ecos da Comarca/Xeral
Unha muller de avanzada idade falece tras caer nun pozo en Ames. Os Bombeiros de Boiro acudiron ao rescate da vítima.

PUBLICIDADE

O persoal do Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 foi quen, ás 11:30 horas desta mañá, chamou ao 112 Galicia para solicitar medios de rescate para unha muller falecida que caera nun pozo, en Aldea Moniña, Milladoiro, O Biduído, no concello coruñés de Ames.
Publicidade
Nada máis recibir o aviso, o 112 Galicia pasou aviso aos Bombeiros de Boiro, que saíron de inmediato para o punto. Do mesmo xeito, foron informados os Bombeiros de Santa Comba, os membros do GES de Brión, a Garda Civil, a Policía Local e os efectivos da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil da localidade.







Comentarios