Unha mostra inundará a Casa de Correos de Arzúa de clicks de Playmobil durante o mes de agosto
- Laura Moure

- hace 11 horas
- 1 min de lectura
Laura Moure/Arzúa
O Departamento de Cultura do Concello de Arzúa informa da apertura dunha nova exposición dentro da programación cultural deste verán. A Casa de Correos acollerá unha mostra da Asociación Galega de Coleccionistas de clicks, PlaymoGalicia, que naceu no ano 2024 da inquedanza dun grupo de apaixonados polos Playmobil, que se uniron para fomentar os valores deste xoguete como ferramenta pedagóxica e como vehículo para diferentes accións solidarias, e sen ánimo de lucro.

PUBLICIDADE
A entidade leva a cabo exposicións, feiras, mostras permanentes e colaboracións con entidades culturais, museos, Concellos, asociacións benéficas e hospitais. A propia Asociación deseña unha exposición que estará aberta na Casa de Correos do 3 ao 31 de agosto coincidindo co horario da Oficina Municipal de Turismo: de luns a venres de 10:00 a 14:00 horas e de 15:00 a 18:30 horas. Os sábados en horario de 10:30 a 13:00 horas.
PUBLICIDADE
Preme na imaxe para obter máis información do evento.
Constará de dous dioramas cun total de superficie expositiva de 32 m² reflexando con luxo de detalles as temáticas de granxa, feira tradicional e a representación dunha vila do interior de Galicia.
PUBLICIDADE
O concelleiro de Cultura, José Luís García, convida á veciñanza e visitantes a “visitar esta magnífica exposición, novidosa no noso municipio e de interese para todas as idades, especialmente ideal para desfrutar de xeito interxeracional”. García tamén quixo agradecer “ao noso veciño Javier Penas e ao resto de persoas implicadas na asociación PlaymoGalicia pola súa implicación e polo labor social e sen ánimo lucrativo que desenvolven”.









Comentarios