top of page

Unha exposición e unha campaña de fomento da lectura conmemoran o Día do Libro en Arzúa

21 abr 2022
1 min de lectura

Laura Moure/Arzúa

O Departamento de Cultura do Concello de Arzúa continúa desenvolvendo as actividades da programación Primavera de Cultura que neste mes de abril están centradas en conmemorar o Día Internacional do Libro. Este venres, día 22, a Capela da Madanela acollerá a exposición de autómatas Kinetiko con visitas guiadas de 10:00 a 13:00 para grupos escolares e de 16:00 a 20:00 horas para o público en xeral. A mostra está formada por nove pezas automatizadas entre as que podemos atopar autómatas musicais que a partires de mecanismos crean sons e ritmos, monicreques con efectos especiais, un teatriño de guiñol automatizado homenaxeando ao tradicional títere de cachiporra e moito máis.

O xogueteiro Manu Taboada e o titiriteiro Ero Vázquez Cabrera, baixo o nome de Xirapaus, mostran e explican a historia e mecanismo de cada peza mediante visitas guiadas dun xeito teatral, adaptándose ao público en cada momento. Kinetiko estivo exposta no Vello Cárcere de Lugo, viaxou durante 30 días por 30 concellos da provincia de Lugo, visitou Portugal e participou no último Culturgal con gran afluenza de visitantes.

Por outra parte, do 23 ao 30 de abril ponse en marcha a campaña de animación á lectura e de apoio ás librarías da vila Arzúa Conta. Durante esos días con cada merca dun libro en calquera das librarías locais, entregarase un lote de agasallos ata agotar existencias.

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

​

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page