top of page

Unha excursión a Ribadavia clausura o programa 'Coñece o teu país 2022' do Concello de Arzúa

14 sept 2022
2 min de lectura

Será o 24 de setembro e as prazas dispoñibles iranse cubrindo por orde de inscrición


Laura Moure/Arzúa

O Departamento de Cultura do Concello de Arzúa organiza para o vindeiro sábado día 24 de setembro a cuarta e última excursión do programa Coñece o teu país para este ano.

Así, de maneira totalmente gratuíta, o Concello ofertou un total de catrocentas corenta prazas e organizou saídas aos municipios de Ferrol, Sober e Bueu rexistrando en todas elas un grande éxito.

O castelo de Ribadavia. Autor: Ecos da Comarca.

Como de costume, no mes de setembro, a provincia ourensá é o destino dun cento de arzuáns e arzuás que para este ano coñecerán máis de preto o municipio de Ribadavia. En concreto visitarase a zona histórica da capital do municipio. O seu conxunto histórico artístico, declarado monumento nacional hai máis de 70 anos, é un armazón de rúas medievais e prazas porticadas, con diferentes miradoiros ao río Avía, e moi preto do Miño, cunha serie de templos e pazos de todas as épocas e estilos desde o século IX ao XIX.


No centro histórico de Ribadavia poderán atopar desde igrexas, conventos, pontes medievais, un barrio xudeu, restos de fortalezas, castelos e antigas murallas. A xornada completarase con tempo para xantar e coa visita a aldea próxima de Pazos de Arenteiro. A inscrición comezará este venres, 16 de setembro, e segundo indicacións do Departamento de Cultura, todas as persoas interesadas en participar no programa deben contactar co Departamento de Cultura, podendo anotar como máximo a un acompañante por cada solicitante.

Preme na imaxe se quere contactar connosco.

As prazas dispoñibles iranse cubrindo por orde de inscrición. Todas aquelas persoas que desexen apuntarse poden facelo de maneira totalmente gratuíta no Departamento de Cultura do Concello de Arzúa entre as 8:30 e as 14:00 horas. Lembren que a oficina está situada no edificio sociocultural María Mariño, na rúa Padre Pardo nº 33, no 1º andar (ao carón de Radio Arzúa).

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

​

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page