top of page

Unha ducia de sendeiristas participaron no roteiro organizado por Patrimonea este domingo

Foto del escritor: Laura MoureLaura Moure

En outono esta empresa ofertará un amplo programa de roteiros tanto no concello tourense como noutras localizacións que irá desvelando


Laura Moure/Touro

Unha ducia de sendeiristas desfrutaron do roteiro programado pola empresa local Patrimonea Entre pazos, fervenzas e corredoiras. Esta iniciativa, de recente creación, ten como finalidade ofrecer unha experiencia completa que fusiona o sendeirismo coa interpretación e o disfrute do patrimonio a escasos quilómetros da capital de Galicia.

Asistentes á ruta este domingo.

Ao finalizar o itinerario de 15 quilómetros achegáronse ata o Pazo de Andeade, unha xoia do primeiro terzo de 1.700 que conserva en moi bo estado os elementos característicos destes bens (capela, pombal, caballeira...). En outono ofertarán un amplo programa de roteiros tanto no concello tourense como noutras localizacións que irán desvelando.


Patrimonea invita aos lectores a seguir as súas actividades a través das redes sociais e na súa páxina web.

0 comentarios

Entradas recientes

Ver todo

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page