Unha coñecida colaboradora de televisión desfruta da Festa da Xuventude de Palas de Rei
Laura Moure/Palas de Rei
O 14 deste mes celebrouse a 15 Festa da Xuventude de Palas de Rei, que como de costume, congregou a moita xente chegada dende distintos puntos da xeografía. O ritmo musical marcouno a Charanga Era Visto e as orquestras Panorama e La Fussión. Pero por que falamos deste festexo días despois? O motivo é que nos enteramos que entre as moitas persoas que se acercaron a desfrutar do festexo atopábase unha famosa! Siii unha famosa!
Publicidade
Queredes saber de quen falamos? Pois de Gloria Camila Ortega Mohedano. Para aqueles que neste momento non vos deades conta dela, é unha colaborada de televisión e personalidade mediática española, filla adoptada da cantante Rocío Jurado e do torero José Ortega Cano.

"É moi natural e pasaba moi desapercibida. Estivo bastante tempo o noso lado e viñan un grupo de catro chicas. Bailaron a non dar máis!", cóntanos Tania Vila, veciña de Antas de Ulla. "Pedímoslle a foto e díxonos que si ó momento".
Gloria Camila, que agora mesmo está de viaxe en China, estivo desfrutando a semana pasada dos paraxes da Ribeira Sacra. Tal e como publicou nas súas redes sociais, estivo co seu mozo na Pobra de Trives. Pero durante a súa estancia en Galicia entereuse de que tocaba a Panorama en Palas de Rei e non quixo perdela, tal e como nos conta Vila.









Comentarios