Unha colisión entre unha furgoneta e un camión deixou unha persoa ferida
- ecosdacomarca

- hace 2 días
- 1 Min. de lectura
Ecos da Comarca/Xeral
Unha colisión entre unha furgoneta e un camión deixou unha persoa ferida na AP-9 ao seu paso por Caldas de Reis, tal e como informa o 112 Galicia.

Publicidade/DOAZÓN PARA ECOS DA COMARCA

O accidente produciuse no quilómetro 108 da autoestrada, á altura de Bemil, pouco antes das 16 horas. Foi un particular quen contactou co 112 Galicia para informar de que acababa de presenciar un choque dunha furgoneta contra un camión.
Publicidade
Os alertadores indicaron que a colisión fora forte e que se estaban a rexistrar importantes retencións na zona. Ao mesmo tempo, confirmaron tamén que o ocupante da furgoneta lograra saír do vehículo pouco despois do impacto e que precisaba asistencia sanitaria.
Publicidade
No operativo participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico, os Bombeiros do Salnés, os voluntarios de Protección Civil de Cuntis e os servizos de mantemento da autoestrada.








Comentarios