Unha colisión entre tres vehículos deixou unha persoa falecida e dúas feridas en Brión
- ecosdacomarca

- 2 oct 2025
- 1 min de lectura
Ecos da Comarca/Xeral
Este xoves rexistrouse un accidente mortal en Brión. Contra as 8:50 horas, un particular informou ao 112 Galicia dun accidente con posibles persoas atra grave, pois polo menos un dos implicados permanecía inconsciente.apadas no quilómetro 12 da CG-1.5, na parroquia dos Ánxeles (Brión), tal e como informa o 112 Galicia.

A situación semellaba grave, pois polo menos un dos implicados permanecía inconsciente. Unha vez no lugar, os equipos de emerxencias sinalaron que había un total de tres persoas feridas e que ningunha delas estaba atrapada no interior dos vehículos, un dos cales acabou envorcado. Finalmente, e malia os esforzos, os servizos sanitarios só puideron confirmar o falecemento dunha delas.
Con respecto das persoas feridas, unha delas foi evacuada en ambulancia, mentres que a outra foi trasladada en helicóptero medicalizado ao Hospital Clínico Universitario de Santiago.
Publicidade
Pola súa banda, a Garda Civil de Tráfico confirmou que a circulación permanece cortada mentres se desenvolven os traballos dos servizos de emerxencias.
No operativo participan Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico, os Bombeiros de Santa Comba, o GES de Brión, a Policía Local e os servizos de mantemento da estrada.







Comentarios