Unha colisión entre dous vehículos deixou unha persoa falecida e outra ferida en Curtis
- ecosdacomarca
- hace 16 horas
- 1 Min. de lectura
Ecos da Comarca/Xeral
Ás 15:40 horas, un particular alertou ao 112 Galicia dun accidente no quilómetro 671 da N-634, á altura da parroquia curtiense de Fisteus. Tratouse dunha colisión entre dous coches, e unha das persoas implicadas permanecía inconsciente.

Publicidade
De inmediato, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias informouse a Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Bombeiros de Betanzos, GES de Curtis, Garda Civil de Tráfico, voluntarios de Protección Civil de Curtis e servizos de mantemento da estrada.
Publicidade/DOAZÓN PARA ECOS DA COMARCA

Publicidade
Os medios confirmaron que todas as persoas permanecían liberadas e accesibles. Malia os esforzos, os profesionais sanitarios só puideron confirmar o falecemento dunha das implicadas. Outra persoa resultou ferida no accidente.
A última hora desta tarde coñecíase que a vítima está vencellada coas comarcas, xa que era docente na EFA Piñeiral de Arzúa, onde tamén foi directora. D.E.P. Pilar!




