Unha colisión entre dous coches deixou unha persoa falecida en Taboada
- ecosdacomarca

- hace 3 horas
- 1 Min. de lectura
Ecos da Comarca/Xeral
Este mércores produciuse un accidente mortal en Taboada. No mesmo víronse implicados dous vehículos.

Pasadas as 20 horas, un particular alertou ao 112 Galicia dun choque frontal entre dous turismos no quilómetro 41 da N-540, en Moreda (Taboada). Desde o primeiro momento, os alertadores advertiron que se trataba dun accidente grave e que unha persoa non respondía a estímulos.
Publicidade
De inmediato, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias solicitouse a acción de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, da Garda Civil de Tráfico, do GES de Monterroso e dos voluntarios de Protección Civil de Taboada, así como dos operarios de conservación da estrada.
Publicidade/DOAZÓN PARA ECOS DA COMARCA

Unha vez no lugar e, malia os esforzos por reanimala, os servizos de emerxencias confirmaron o falecemento dunha persoa, mentres que outro implicado resultou ferido no accidente.







Comentarios