Unha colisión en cadea obriga a cortar un tramo da A-54 en Santiago
Ecos da Comarca/Xeral
Axega informa dunha colisión en cadea na A-54, nun tramo pertencente a Santiago de Compostela. O 112 Galicia foi alertado ás 8:33 horas deste venres.

Nove vehículos resultaron danados e a circulación estivo interrompida nos carrís en sentido Lugo, tal e como informa o 112 Galicia. Ás 8:30 horas desta mañá, o 112 Galicia atendeu distintos avisos sobre un accidente na A-54, en Santiago, ao paso pola parroquia de Sabugueira, no punto quilométrico 85.
Todas as comunicacións apuntaban a unha colisión en cadea con varios vehículos implicados sen que ningún dos alertadores puidese, naquel momento, concretar o número.Tampouco podían precisar se había feridos, pero, por precuación, os xestores do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias solicitaron a intervención dos recursos de Urxencias Sanitarias de Galicia-061.
PUBLICIDADE
Finalmente, cinco persoas tiveron que ser evacuadas ao Hospital da Rosaleda e nove vehículos sufriron danos a causa desta colisión en cadea cuxa orixe un dos alertadores situou nos efectos do sol na conducción.
Ademais dos sanitarios, o 112 Galicia avisou aos axentes da Garda Civil de Tráfico e da Policía Local.
PUBLICIDADE
Inicialmente, comunicouse o suceso aos Bombeiros de Santiago, pero ninguén necesitou ser rescatado.









Comentarios