O vehículo parou diante do inmoble xusto cando comezaba a arder
Ecos da Comarca/Xeral
Unha casa foi devorada polas lapas no concello de Laza. O lume comezou nun vehículo que parou diante do inmoble xusto cando comezaba a arder.
Esta confluencia comprometeu a casa, que segue ardendo, aínda que de forma controlada polos Bombeiros de Verín e os membros do GES de Laza.
Deste xeito, os esforzos dos equipos de emerxencias estanse centrando en evitar que o incendio poida propagarse ás vivendas lindeiras.
Publicidade
En canto á propietaria do inmoble, recibiu asistencia médica debido a unha crise nerviosa ante o que acontecía.
Unha veciña súa púxose en contacto con 112 Galicia uns minutos antes das dez desta mañá para alertar sobre o incendio, que, segundo explicou, comezou nun vehículo que parou xusto diante.
A partir de aí, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias de Galicia, puxéronse en marcha os correspondentes protocolos para a activación dos recursos. Isto é, Bombeiros de Verín, GES de Laza, Protección Civil e profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061.
Publicidade
Tamén se pediu a colaboración dos axentes da Garda Civil, e todos os medios seguen traballando no lugar para conter as chamas, aínda que os danos na casa son xa irreparables.
Este suceso rexistrouse no lugar de Toro, á altura do número 59.
Comments