top of page

Unha avaría mecánica impide a Ramos e Moure loitar por postos de pódium no Rallye Pazo Tizón

Foto del escritor: Laura MoureLaura Moure

A parella dezá tivo que abandonar a proba cando ocupaba o 4º posto da clasificación xeral


Laura Moure/Deza

A comarca do Carballiño acolleu a sexta proba do Campionato Galego de Rallyes 2022. A bordo do Peugeot 208 N5 do equipo ArVidal, a parella dezá formada por Javier Ramos e Álex Moure presentábase á cita ourensá coa premisa de manter un bo ritmo de carreira que lles permitise loitar por postos cabeceiros da Copa N5.


O rallye comezaba o venres pola tarde coa celebración da especial de “A Saleta”, un treito no que Ramos-Moure se situaban en posicións de pódium da Copa N5 e sendo 6º da Xeral.


Xa o sábado, xornada na que se celebraba o groso da proba,  a parella dezá saía moi concentrada dende os primeiros intres, logrando uns tempos que lle permitían situarse a escasos dous segundos do pódium.


Avaría  e abandono

Na segunda pasada polo treito de “O Irixo-Boborás”, un problema mecánico na transmisión do Peugeot 208 N5, provocou unha perda duns 30 segundos que finalmente conlevaría o abandono do Disiclin Racing.

Para Javier Ramos foi "unha mágoa que non puidésemos reparar e seguir en carreira xa que os tempos estaban saíndo ben cun ritmo constante. Estabamos nunha bonita loita tanto na Top Ten B como de cara á clasificación Xeral con rivais que están a un gran nivel, pero a mecánica desta volta non nos acompañou.”


Próxima parada, 10º Rallye Ribeira Sacra

Se non hai contratempos, Ramos-Moure participarán de novo a bordo do Peugeot 208 N5 no vindeiro Rallye Ribeira Sacra, que se celebrará os días 16 e 17 de setembro la localidade Ourensá de Luíntra.


Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page