top of page

Una avería mecánica impide a Garabatos e Nieto loitar pola vitoria no Xacobeo Rally da Auga

Cando eran líderes da categoría N5 tiveron que abandonar pola rotura do colector de

escape


Laura Moure/Touro

Non puido ser, a pesar de que o veciño de Touro César Garabatos e Iago Nieto o deron todo para traer un bo resultado do Xacobeo Rally da Auga, pero a sorte volveu ser esquiva. Tras marcar un segundo posto entre os N5 no tramo de cualificación, a parella do C3 saía o sábado disposta a loitar pola vitoria. Despois de conseguir un segundo posto no tramo de “A Mina” e un scratch en “Fervenza do Batán” as cousas torcíanse no reagrupamiento previo ao tramo de “Boqueixón”. O colector de escape estaba roto e seguir correndo supoñía risco de crear un incendio, así a decisión de Garabatos foi a de abandonar.

Garabatos e Nieto durante o Rally da Auga esta edición.

“Teño claro que non é o noso ano. O ritmo era bo e tiñamos moita marxe de mellora. O risco de que o coche ardese era grande e decidimos ir para a asistencia e volver saír nos tramos da tarde”, confesa o veciño de Touro. Xa co C3N5 listo, a tarde tampouco foi especialmente boa, pois a neutralización da segunda pasada por “Fervenza do Batán” tan só permitiulle correr dous tramos. A pesar de todo Garabatos e Nieto puideron estar no parque pechado final. “Non foi da forma que nos gustaría, pero tamén sabemos que para a visibilidade dos nosos patrocinadores é importante poder terminar a proba”, declara Garabatos.

Agora o equipo tomarase un período de descanso, onde revisará a fondo o seu Citroën C3N5 para afrontar coas máximas garantías a segunda metade de tempada.

0 comentarios
IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page