top of page

Un vehículo sáese da vía e colisiona contra un muro en Monterroso

Ecos da Comarca/Monterroso

Esta mañá produciuse un accidente de tráfico no municipio de Monterroso que se saldou cun ferido, en principio de carácter leve. O suceso ocorreu sobre as 7:30 horas deste domingo.

Foto de arquivo.

En concreto, o 112 Galicia foi alertado por un particular ás 7:40 horas. Tratouse dunha saída de vía. "O vehículo acabou colisionando contra un muro", informa o 112. O suceso ocorreu na N-640 á altura do quilómetro 130, en Vilar.


"O particular indicounos que o coche tiña bastantes danos materiais na parte dianteira, pero que o condutor podía saír polos seus propios medios. Tempo despois, a Garda Civil de Tráfico solicitounos unha ambunlacia, porque o afectado presentaba feridas na cabeza, en principio de carácter leve", subliña o 112.

Ademais de Urxencias Sanitarias e da Garda Civil de Tráfico, ata o lugar tamén se desprazaron o GES de Monterroso e o Servizo de Mantemento de Estradas.


0 comentarios
IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page