Un varón resultou ferido en Trazo despois de caerlle parte dun silo enriba
- ecosdacomarca

- hace 8 horas
- 1 Min. de lectura
Ecos da Comarca/Xeral
Un varón resultou ferido en Trazo despois de caerlle parte dun silo enriba. Ata o lugar desprazouse un helicóptero medicalizado, que trasladou ao ferido.

PUBLICIDADE

Ao redor das 13:45 horas, o persoal do Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 informaba ao 112 Galicia da mobilización do helicóptero medicalizado con base en Santiago. Tratábase dun accidente ao que a un varón lle caera un silo enriba cando realizaba tarefas de limpeza nunha nave, situada en Aldea Rosende, en Campo, no concello de Trazo.
Publicidade
O 112 Galicia informou do suceso á Garda Civil e aos efectivos da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Trazo, que confirmaron o traslado do paciente na aeronave.







Comentarios