Un varón resulta ferido de consideración tras producirse un estoupido de gas
- ecosdacomarca

- hace 4 días
- 1 Min. de lectura
Ecos da Comarca/Xeral
Un varón resulta ferido de consideración tras producirse un estoupido de gas en Santiago
A persoa resultou ferida con queimaduras e foi trasladado ao Hospital Clínico de Santiago.

Tratouse dun estoupido de gas nunha vivenda dun edificio de dúas plantas situado na rúa de Vista Alegre, en Santiago de Compostela. O estoupido afectou aos edificios lindeiros, que foron desaloxados.
Publicidade/DOAZÓN PARA ECOS DA COMARCA

O 112 Galicia tivo constancia do suceso dez minutos antes das 19:00 horas desta tarde. Varios particulares contactaban, a esa hora, cos xestores de emerxencias para solicitar axuda. Indicaban que houbera unha explosión nun edificio e que podía haber xente ferida e outros edificios afectados.
Publicidade
Nada máis recibir o aviso por parte do 112 Galicia, os Bombeiros da cidade saíron de inmediato cara o punto. Igualmente, pasouse aviso a Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que derivaron varias ambulancias ao lugar, á Policía Local e Nacional e aos efectivos da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil. Ademais, foron informados os técnicos das empresas subministradoras de gas que abastecen a zona.
Tanto a Policía Local, que derivou varias patrullas ao punto coma os Bombeiros, unha vez no lugar, confirmaron o estoupido así como a existencia dun varón ferido con queimaduras.
Publicidade
Os Bombeiros, que seguen traballando no lugar dos feitos, indican que pode tratarse do estoupido dunha bombona, aínda que, polo momento, seguen xunto cos técnicos a traballar para esclarecer as causas exactas do suceso.








Comentarios