top of page

Un tren de mercancías sufriu un descarrilamento e o maquinista resulta ferido

Ecos da Comarca/Xeral

Un tren de mercancías sufriu un descarrilamento ao seu paso polas Neves. O maquinista foi o único ferido, tal e como informa o 112 Galicia.

O accidente ocorreu arredor das 19:10 horas, no apeadoiro da estación de tren. Segundo a información recollida polo 112 Galicia, un tren duns 17 vagóns que transportaba bobinas sufrira un descarrilamento. Ademais, era precisa asistencia sanitaria para o maquinista, o cal podía estar atrapado.


Publicidade

Preme para contactar con nós e pregunta polas tarifas que son unha bicoca!
Preme para contactar con nós e pregunta polas tarifas que son unha bicoca!

Decontado, os xestores do 112 Galicia informaron do ocorrido ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos Bombeiros de Ponteareas e á Garda Civil.


Publicidade

Preme na imaxe se quere contactar connosco.
Preme na imaxe se quere contactar connosco.

Logo de acudir á zona, os bombeiros non chegaron a ter que intervir para liberar á persoa, pois os axentes da Garda Civil puideron acceder ata ela para acercala ata a ambulancia das urxencias sanitarias. 

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page