top of page

Un traballador, evacuado en helicóptero logo golpearse cun saco tipo bigbag en Chantada

11 mar 2025
1 min de lectura

Ecos da Comarca/Xeral

Un traballador tivo que ser evacuado hoxe en helicóptero logo golpearse cun saco tipo bigbag en Chantada, tal e como informa o 112 Galicia. O home estaba consciente, pero presentaba unha ferida sangrante na cabeza e apenas movía un brazo.

foto
Foto de arquivo.

Un compañeiro do ferido solicitou axuda a través do 112 Galcia cando se achegaban as 11:30 horas de hoxe. Indicou que estaban cargando un palé á beira da LUP-1002, en Carballizos, Chantada, cando o operario foi golpeado por un saco tipo bigbag de gran peso. 

Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información do evento.
Preme na imaxe para obter máis información do evento.

Ao punto sinalador polo alertador, acudiron os equipos de emerxencias e seguridade, isto é, voluntarios de Protección Civil de Chantada e Policía Local, e a dotación de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 a bordo do helicóptero con base en Ourense. 


PUBLICIDADE
Preme na imaxe se queres contactar connosco.

Despois de recibir os primeiros coidados, o ferido foi trasladado na aeronave ao centro hospitalario de referencia en Ourense.

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

​

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page