top of page

Un tornado provocou danos materiais en Oza-Cesuras

Ecos da Comarca/Xeral

Foto de arquivo.

Un tornado provocou este luns danos materiais en Oza-Cesuras, tal e como informa o 112 Galicia. Por fortuna, ningunha persoa resultou ferida neste suceso rexistrado no lugar de Penabelá, en Rodeiro.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información!

O 112 Galicia tivo constancia destes feitos dez minutos despois das 14:30 horas, cando un particular chamou explicando que o vento levara por diante os tellados da súa casa e do garaxe, danando tamén o seu vehículo.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información!

Pouco despois, outro alertador comunicaba feitos similares, describindo danos no tellado doutra vivenda.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información!

Desde o 112 Galicia informouse aos axentes da Garda Civil, aos técnicos da empresa subministradora da rede eléctrica e aos Bombeiros de Betanzos, que levaron a cabo diversas intervencións pola zona, e que confirmaron que o vento tirara máis dunha ducia de árbores de grandes dimensións.


Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page