top of page

Un operario resultou ferido tras caer ao río desde a ponte na que traballaba en Frades

Ecos da Comarca/Xeral

Un operario resultou ferido tras caer ao río desde a ponte na que traballaba en Frades. Ocorreu nunha ponte sobre o río Tambre situado na parroquia de Añá, tal e como informa o 112 Galicia.

Foto de arquivo.

O particular que alertou ao 112 Galicia era un dos seus compañeiros e indicou que o implicado caera ao río Tambre cando traballaba no lugar. Durante a mesma chamada tamén explicou que o tiñan localizado e que había persoas acompañándoo na parte inferior da ponte á espera da chegada dos servizos de emerxencias.


Publicidade

Preme na imaxe se queres contactar connosco.

De inmediato, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias-112 Galicia solicitouse a acción de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 e dos axentes da Garda Civil.

Segundo comunicou o persoal sanitario, ata o lugar desprazouse o helicóptero medicalizado con base en Santiago.



Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page