Un operario resultou ferido ao caerlle un piñeiro enriba cando realizaba traballos forestais
- ecosdacomarca

- 14 oct
- 1 Min. de lectura
Ecos da Comarca/Xeral
Foi un compañeiro do ferido quen alertou ao 112 Galicia, pasados escasos minutos das 17:30 horas: o operario resultara golpeado por un piñeiro cando traballaba no lugar de Ariz, en San Fagundo (San Cristovo de Cea). Estaba liberado e accesible e naquel momento xa agardaban pola asistencia na marxe da estrada.

De inmediato, os operadores do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias activaron un operativo no que participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061 e os axentes da Garda Civil.
Publicidade
Finalmente, o persoal sanitario encargouse do traslado do traballador ferido en ambulancia ao Complexo Hospitalario Universitario de Ourense.







Comentarios