Un operario foi trasladado en helicóptero logo de caerlle unha árbore enriba en Oza-Cesuras
- ecosdacomarca

- 7 oct
- 1 Min. de lectura
Ecos da Comarca/Xeral
Pouco antes das 12:30 horas, un compañeiro informou ao 112 Galicia de que ao operario caéralle unha árbore enriba cando traballaba na parroquia de Cutián, en Oza-Cesuras. Conseguiran quitarllo, mais precisaba asistencia sanitaria urxente.

De inmediato, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias solicitouse a acción de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, da Garda Civil, do GES de Curtis.
Nese momento, Urxencias Sanitarias de Galicia-061 confirmou que estaba a mobilizar o seu helicóptero medicalizado con base en Santiago.
PUBLICIDADE
Unha vez no lugar, os servizos sanitarios atenderon ao implicado, que foi levado ata a aeronave e finalmente evacuado ao Complexo Hospitalario Universitario da Coruña.







Comentarios