top of page

Un operario falece e dous resultan feridos tras ser atropelados por unha guindastre

Ecos da Comarca/Xeral

Un operario falece e dous resultan feridos tras ser atropelados por unha guindastre logo de chocar contra un coche de mantemento. Os atropelados facían traballos de mantemento na vía, na A-8, quilómetro 587, Pígara, sentido Asturias.

Accidente hoxe. Fonte: BOMBEROS GES FRIOL-PALAS
Accidente hoxe. Fonte: BOMBEROS GES FRIOL-PALAS

Segundo a información que facilitan os axentes de Tráfico ao 112 Galicia, os operarios traballaban na vía cando foron atropelados por unha guindastre tras bater contra un coche de mantemento que se atopaba parado na vía.  



 Publicidade/DOAZÓN PARA ECOS DA COMARCA

Un deles faleceu, os outros dous resultaron feridos de consideración. Ademais, segundo se lle informa ao 112 Galicia, o condutor da guindastre tamén precisou asistencia sanitaria.

Ademais dun particular, o mesmo condutor da guindastre contactou co 112 Galicia sobre as 14:00 horas deste mediodía, para informar do suceso. Indicaban que tres persoas foran atropeladas e que estaban graves.

 Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información.
Preme na imaxe para obter máis información.

De inmediato, os xestores do 112 puxeron os feitos en coñecemento do Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que derivaron varias ambulancias ao punto. Tamén foron informados os axentes de Tráfico, Bombeiros de Vilalba, persoal de mantemento da vía e os efectivos da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil da localidade.


Así mesmo, informouse do suceso ao persoal do Grupo de Intervención Psicolóxica en Catástrofes e Emerxencias (GIPCE) por se fose precisa a súa intervención.

Publicidade

Preme para contactar con nós e pregunta polas tarifas que son unha bicoca!
Preme para contactar con nós e pregunta polas tarifas que son unha bicoca!

Finalmente, os profesionais sanitarios confirmaron ao 112 Galicia o traslado de tres persoas ao centro hospitalario de referencia.

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page