top of page

Un mozo perde a vida tras caer da moto cando facía prácticas coa autoescola en Nogueira de Ramuín

Ecos da Comarca/Xeral

Un mozo de 25 anos perdeu a vida este venres tras caer da súa moto en Nogueira de Ramuín (Ourense).

O 112 Galicia tivo coñecemento deste accidente uns dez minutos despois das 12:00 horas. Polo que indicou o alertador, producírase unha caída de moto en Luíntra, a carón dun polígono. A persoa implicada atopábase inconsciente e non había máis vehículos implicados.

 PUBLICIDADE

Se queres obter máis información do evento preme na imaxe.
Se queres obter máis información do evento preme na imaxe.

Rapidamente, desde o CIAE 112 Galicia informouse ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que mobilizou ata o punto o helicóptero medicalizado con base en Ourense. Tamén se compartiu a información co GES do pereiro de Aguiar, coa Garda Civil de Tráfico e coa Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Nogueira de Ramuín.

 PUBLICIDADE

Preme para obter máis información.
Preme para obter máis información.

Logo da chegada dos servizos de emerxencia ata o lugar, nada puideron facer por salvarlle a vida á vítima. O mozo atopábase facendo prácticas de moto coa autoescola.



Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page