top of page

Un mozo falece despois de saírse da vía co seu vehículo en Boiro

Ecos da Comarca/Xeral

Un mozo, de 25 anos, faleceu nas últimas horaas en Boiro (A Coruña) nun accidente de tráfico. Unha vez liberado, tras quedar atrapado no interior do vehículo, os profesionais sanitarios nada puideron facer por salvarlle a vida.

Accidente de hoxe. Fonte: Emerxencia Boiro
Accidente de hoxe. Fonte: Emerxencia Boiro

Pasados dez minutos das 06:30 horas de hoxe, un particular informou ao 112 Galicia deste accidente. O alertador relataba que vira dende a súa casa un coche saírse da vía, na AC-305, quilómetro 25, á altura do número 153 da rúa Principal, en Boiro. 


Tras achegarse ao punto, contactou de novo co 112 Galicia e explicou que no interior do vehículo había un home que asemellaba estar ferido de gravidade, que o coche chocara contra unha árbore nun terraplén, que ao mesmo tempo o suxeitaba para non caer ao río. 

 PUBLICIDADE

Se queres obter máis información do evento preme na imaxe.
Se queres obter máis información do evento preme na imaxe.

Os xestores de emerxencias avisaron de inmediato ao persoal do Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos Bombeiros de Boiro, de Ribeira, á Garda Civil de Tráfico, aos efectivos da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil da localidade e ao persoal de mantemento da vía. 

  PUBLICIDADE

Preme para obter máis información.
Preme para obter máis información.

Nada máis chegar ao lugar, os Bombeiros de Boiro excarceraron e confirmaron o falecemento do único ocupante do vehículo.


Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page