top of page

Un lume nunha nave en Monterrei remata cun bombeiro lesionado e importantes danos

Foto del escritor: ecosdacomarcaecosdacomarca

Ecos da Comarca/Xeral

Foto Arquivo

O operario presentaba queimaduras nun ombreiro, polo que foi conducido ao Hospital comarcal de Verín.


Pasadas as nove desta mañá, o 112 Galicia coñeceu o suceso mediante as chamadas de alertadores particulares. Segundo explicaron, o incendio afectaba a unha nave de almacenamento de maquinaria agrícola sen persoal, situada en Vilaza.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información!

O lume avanzaba xa con certa premura, polo que era necesaria a rápida intervención dos Bombeiros de Verín. Para apoiar estes labores, desde o 112 Galicia, tamén se avisou aos membros do GES de Muíños e aos equipos do Distrito Forestal da zona. Con isto, garantía, por unha banda, a achega de auga suficiente, e, pola outra, a protección do monte.


Durante os traballos de extinción, un dos bombeiros lesionouse, sufriu queimaduras aparentemente leves nun ombreiro e no peito a causa da radiación, polo que foi conducido ao Hospital comarcal de Verín.

Publicidade

Preme na imaxe se queres contactar connosco.

Mentres, o resto do equipo continuou no lugar para facer fronte ao incendio, que devastou o interior das instalacións, e deixou tocada a estrutura. O teito nunca chegou a colapsar, pero, por precaución, os efectivos de emerxencias precintaron a nave.


Ninguén había dentro deste establecemento no momento do lume, polo que non houbo que lamentar máis vítimas.

 
 

Kommentare


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page