top of page

Un lume forestal na parroquia palense de Cuíña afecta a unhas 20 hectáreas

Ecos da Comarca/Palas de Rei

Tal e como xa vos informamos a través das redes sociais está activo un incendio forestal no concello de Palas de Rei. Afecta ao lugar de Érmora, na parroquia de Cuíña.

O incendio de hoxe en Cuíña. Autor: Ecos da Comarca.
O incendio de hoxe en Cuíña. Autor: Ecos da Comarca.

Este lume iniciouse ás 17:58 horas de hoxe, domingo, 2 agosto, e segundo as últimas estimacións provisionais xa afecta unha superficie de arredor de 20 hectáreas, segundo a última información da Consellería de Medio Rural das 21 horas.

 PUBLICIDADE

Preme na imaxe para obter máis información deste evento.
Preme na imaxe para obter máis información deste evento.

Para a súa extinción mobilizáronse, polo de agora, 4 técnicos, 8 axentes, 13 brigadas, 12 motobombas, 1 pa, 3 helicópteros e 8 avións.

PUBLICIDADE

Preme na imaxe para obter máis información do evento.
Preme na imaxe para obter máis información do evento.

A Consellería do Medio Rural lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal.

 PUBLICIDADE

Preme na imaxe para obter máis información do evento.
Preme na imaxe para obter máis información do evento.

Asemade, tamén está dispoñible para a súa descarga ALume, a app para avisar sobre

incendios forestais activos en Galicia. Ademais, existe un teléfono anónimo e gratuíto para

denunciar calquera actividade delituosa incendiaria da que se teña sospeita ou coñecemento: 900 815 085.

PUBLICIDADE

Preme na imaxe para obter máis información.
Preme na imaxe para obter máis información.

Así mesmo, toda a información actualizada sobre incendios forestais que acadan as 20 hectáreas poderá ser consultada na conta aberta de X: @incendios085

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page