top of page

Un lume forestal calcina 1,25 hectáreas na parroquia palense de Ramil

Ecos da Comarca/Palas de Rei

Un lume forestal afectou nas últimas horas ao lugar de Remesedo, na parroquia palense de Ramil.

O lume no Remesedo onte pola noite.
O lume no Remesedo onte pola noite.

 PUBLICIDADE

Preme na imaxe para obter máis información deste evento.
Preme na imaxe para obter máis información deste evento.

Segundo a información proporcionada pola Consellería de Medio Rural o lume iniciouse ás 22:43 horas de onte, luns, e quedou extinguido hoxe ás 10:30 horas.

PUBLICIDADE

Preme na imaxe para obter máis información do evento.
Preme na imaxe para obter máis información do evento.

O lume afectou a unha superficie de 1,25 hectáreas de monte raso.

 PUBLICIDADE

Preme na imaxe para obter máis información do evento.
Preme na imaxe para obter máis información do evento.

Nas tarefas de extinción participaron 4 axentes, 5 brigadas e 5 motobombas.


A Consellería do Medio Rural lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal.

PUBLICIDADE

Preme na imaxe para obter máis información.
Preme na imaxe para obter máis información.

Asemade, tamén está dispoñible para a súa descarga ALume, a app para avisar sobre incendios forestais activos en Galicia. Ademais, existe un teléfono anónimo e gratuíto para denunciar calquera actividade delituosa incendiaria da que se teña sospeita ou coñecemento: 900 815 085.

IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page