top of page
Foto del escritorecosdacomarca

Un libro a cambio de doar hoxe sangue en Galicia

A Axencia de Doazón de Órganos e Sangue e a Consellería de Cultura agasallan cun libro aos doantes co gallo do Día das Letras Galegas


Ecos da Comarca/Xeral

A Axencia de Doazón de Órganos e  Sangue (ADOS) e a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude agasallarán a todas as persoas que acudan a doar hoxe, xoves 16 de maio, cun libro como xeito de conmemorar o Día das Letras Galegas, que este ano lembra a figura da poeta e ensaísta coruñesa Luisa Villalta.

ADOS quere agradecer a colaboración, un ano máis, do departamento de Cultura da Xunta, para poñer de manifesto o recoñecemento da sociedade galega aos doantes de sangue e celebrar unha data especial no que os galegos e galegas lembramos ás figuras máis salientables da nosa rica literatura.

 

A dirección de ADOS destaca a importancia da colaboración de colectivos e institucións de todos os ámbitos para lograr unha conciencia solidaria proclive á doazón como, neste caso, está a impulsar a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude, xa que poden unir os valores positivos do ámbito cultural á nosa mensaxe e transmitila con maior proximidade por ter un amplo calado social. 


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información.

A Axencia de Doazón de Órganos e Sangue salienta que establecer sinerxías desde as distintas institucións e colectivos procedentes dos máis diversos eidos da sociedade galega, posibilita transmitir unha mensaxe solidaria a toda a cidadanía e contribúe, neste caso, a fomentar a doazón de sangue pero, tamén, convida aos galegos e galegas a coñecer un pouco máis a nosa excelente literatura.


Quen pode doar?

Pode doar sangue calquera persoa maior de idade, que pese máis de 50 quilos e que non padeza nin teña padecido enfermidades transmisibles polo sangue. A doazón de sangue é un acto sinxelo que permite a moitas persoas solucionar o seu problema de saúde e mesmo salvar vidas. Ademais, sinalar que sempre están presentes as máis rigorosas medidas de seguridade.


Publicidade

Preme na imaxe se queres contactar connosco.

Para máis información, ADOS dispón do sitio web: ados.sergas.gal, as redes sociais, e o teléfono gratuíto de información 900 100 828, para resolver calquera dúbida relacionada coa doazón de sangue ou coñecer a data dos desprazamentos das unidades móbiles. 


Lugares onde se pode doar esta semana:




0 comentarios

Entradas recientes

Ver todo

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page