Un incendio nunha vivenda deixa unha persoa trasladada
- ecosdacomarca

- 14 nov 2025
- 1 Min. de lectura
Ecos da Comarca/Xeral
Este venres produciuse un incendio nunha vivenda e como consecuencia unha persoa viuse afectada e tivo que ser trasladada.
Dito incendio tivo lugar pouco despois das 12:30 horas. Segundo a información recollida polo 112 Galicia, estaba a arder unha campá extractora nunha vivenda en Trasmonte. Ademais, podía haber unha persoa afectada polo fume

Con esta información, desde o 112 Galicia solicitouse a intervención do Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, do GES de Brión, da Garda Civil e da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Ames.
Publicidade
Os membros do GES indicaron que o lume xa fora sufocado polos particulares, de maneira que só chegou a arder a campá extractora da cociña. Aínda así, unha das persoas precisou asistencia sanitaria e ser trasladada, pois inhalara fume durante o incendio.







Comentarios