Ecos da Comarca/Xeral
Un incendio nun transformador obriga a desaloxar a un millar de alumnos dun centro educativo en Vigo, tal e como informa o 112 Galicia. Os feitos ocorreron nun instituto situado na Avenida de Madrid, en Vigo. Malia que unhas mil persoas tiveron que abandonar o edificio de xeito preventivo, afortunadamente non houbo que lamentar danos persoais.
Publicidade
Daban as 9:20 horas cando o 112 Galicia recibía o aviso por parte dun particular informando dun incendio no centro de transformación. Nesta chamada, o alertante indica que non sabe indicar se o centro de transformación se atopa dentro ou fóra do edificio, pero que están evacuando o instituto por cautela.
Publicidade
Axiña, os xestores do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias-112 Galicia pasaron o aviso a Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos Bombeiros de Vigo e aos axentes da Policía Nacional e Local de Vigo.
Con todo, unha vez os bombeiros remataron as tarefas de extinción confirman ao 112 Galicia que ardeu un transformador o cal se atopaba xunto ao edificio do instituto, pero non no interior do mesmo.
Publicidade
Afortunadamente ningunha persoa resultou ferida, aínda que o alumnado non puido volver ás aulas debido a inexistencia de subministración eléctrica no edificio.
Comments