Ecos da Comarca/Agolada
O incendio en Agolada este mediodía.
Este mediodía orixinouse un incendio na parroquia de Ferreiroa, preto do casco urbano de Agolada, na estrada dirección a Couso. Segundo os datos proporcionados pola Consellería de Medio Rural, o lume rexistrouse ás 12:22 horas e quedou controlado ás 13:33 horas.
Segundo as primeiras estimacións, a superficie afectada é menos dunha hectárea de monte arborado e en concreto, orixinouse nunha finca de eucaliptos próxima a dúas vivendas.
Os medios que traballaron alí foron dous axentes, tres brigadas, dúas motobombas, (a do Concello de Agolada e outra de Forcarei) e dous helicópteros. Tamén se desprazou ao lugar Protección Civil de Agolada e o tenente de alcalde, Óscar Val.
Comments