top of page

Un incendio forestal afectou ao lugar monterrosino de O Fental

7 ago 2022
1 min de lectura

Ecos da Comarca/Monterroso

Esta tarde orixinouse un lume forestal no lugar de O Fental, na parroquia monterrosina de Satrexas.

Efectivos hoxe no incendio declarado no Fental. Autor: GES de Monterroso.

Tal e como informa o GES de Monterroso o lume comezou ás 19:15 horas e quedou extinguido ás 21:30 horas afectando a uns 4.000 metros cadrados.

Preme na imaxe se quere contactar connosco.

Ademais do GES de Monterroso, nos labores de extinción participaron, segundo o GES, a motobomba do Concello de Monterroso, a da Ulloa, a brigada de Guntín, a brigada Lugo IX, un helicóptero con súa brigada de Marroxo e dous axentes forestais.


A Consellería do Medio Rural lembra que está a disposición da cidadanía o número de

teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal. Ademais, existe un teléfono anónimo e gratuíto para denunciar calquera actividade delituosa incendiaria da que se teña sospeita ou coñecemento: 900 815 085. Así mesmo, toda a información actualizada sobre incendios forestais poderá ser consultada na conta

aberta de twitter: @incendios085.


Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

​

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page