Un incendio calcina o salón dunha vivenda en Cuntis
- ecosdacomarca
- hace 6 horas
- 1 Min. de lectura
Ecos da Comarca/Xeral
Un incendio calcina o salón dunha vivenda en Cuntis. Ocorreu no Lugar de Campo, en Troáns, tal e como informa o 112 Galicia.

Unha das persoas que se atopaba na zona contactou co 112 Galicia ás 11:40 horas, e alertou dunha muller que non podía abandonar a súa casa, chea de fume e na que se observaban lapas.
Publicidade
Desde o Centro Integrado de Atención ás emerxencias informouse de inmediato a Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os Bombeiros do Salnés, o Servizo de Emerxencias da Estrada, a Garda Civil, a Policía Local e os voluntarios de Protección Civil de Cuntis.
Publicidade
Con todo, estes últimos confirmaron aos poucos minutos que o lume estaba apagado e que a persoa atopábase xa no exterior da vivenda. A continuación, foi atendida polo persoal sanitario, mobilizado a bordo dunha ambulancia.
Comments