top of page

Un incendio calcina o piso superior dunha vivenda en Antas de Ulla


Ecos da Comarca/Antas de Ulla

A casa afectada polo incendio. Autor: GES Monterroso

Un incendio calcina o piso superior dunha vivenda en Antas de Ulla, tal e como informa o 112 Galicia. Afortunadamente, os ocupantes do inmoble conseguiron saír e estaban fóra cando chegaron os servizos de emerxencias, que confirmaron que arderon varias estancias e diversas pezas de mobiliario.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información!

Un veciño deu aviso dos feitos ao 112 Galicia minutos despois das 21 horas deste xoves: unha casa ardía na Avenida de Lugo (Antas de Ulla). Segundo relatou, o lume puido orixinarse na cheminea, propagándose polo andar superior da vivenda. Naquel momento, todos os seus ocupantes estaban fóra, ilesos.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información.

Os equipos de extinción traballaron durante varias horas no lugar para apagar as lapas, algo que conseguiron preto das 23 horas. A continuación, comunicaron a relación de danos materiais: o primeiro piso da casa quedou calcinado case por completo, ardendo varias habitacións.


Publicidade

Preme na imaxe se queres contactar connosco.

No operativo participaron os Bombeiros de Chantada, o GES de Monterroso e a Garda Civil.

Autor: Bombeiros de Chantada.



Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page