top of page

Un incendio afectou a unha vivenda unifamiliar na localidade de Monterroso

Ecos da Comarca/Monterroso

Onte, martes, o GES de Monterroso recibiu un aviso ás 1:35 horas dun incendio dunha vivenda situada na Avenida da Coruña número 26, na localidade monterrosina.

O GES no lugar do incendio. Autor: GES Monterroso.
O GES no lugar do incendio. Autor: GES Monterroso.

"Recibimos aviso dun incendio declarado nunha vivenda. Chegados ó lugar era unha vivenda unifamiliar que estaba arder o baixo que se atopaba dividido en varías estancias, entre elas o propio garaxe cun vehículo dentro. Conseguimos entrar e controlar o lume o cal afectou unicamente a unha das estancias do baixo. O fume, con todo, propagouse a toda esa planta, xerando danos por acumulación de fume", informa o GES.


Ademais, sinala que ardeu parte da instalación eléctrica e producíronse fugas de auga "o cal tamén nos obligou a cortar o suministro de auga".


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información do evento.
Preme na imaxe para obter máis información do evento.

Na vivenda, tal e como apunta o GES, estaban dúas persoas que foron as que se decataron do lume, xa que estaban na segunda planta e quedaron sen redes eléctricas.


Medios interviñentes:

  • Grupo de Emerxencias Supramunicipal (GES), que realizou a extinción principal do lume.

  • Bombeiros de Chantada, que apoiaron nas tarefas de revisión, arrefriamento e ventilación.

  • Garda Civil, que se encargou de garantir a seguridade da zona e o control de accesos.

  • Servizo de Urxencias Sanitarias 061, que acudiu de maneira preventiva.


Publicidade

Preme na imaxe se quere contactar connosco.
Preme na imaxe se quere contactar connosco.

Actuacións realizadas:

1. Extinción do incendio na estancia afectada.

2. Labores de arrefriamento da zona para evitar reactivacións.

3. Ventilación mecánica e natural das estancias afectadas polo fume.

4. Revisión do inmoble para garantir a seguridade.

IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page