Un incendio afectou a toda a nave dunha empresa de carretillas de Lugo
- ecosdacomarca
- hace 17 horas
- 1 Min. de lectura
Ecos da Comarca/Xeral
Onte, sobre as 21:30 horas, declarouse un incendio nunha empresa de carretillas elevadoras de Lugo. Tal e como informa o 112 Galicia varios particulares que se atopaban no lugar informaron ao 112 Galicia de que estaba a arder maquinaria nunha nave situada na rúa dos Transportes, no polígono industrial do Ceao (Lugo). Segundo explicou un dos alertadores, as lapas eran visibles por enriba da cuberta da nave, lindeira con outras instalacións industriais, mais ningunha persoa resultara afectada.

Desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias activouse un operativo no que colaboran os Bombeiros de Lugo e os axentes da Policía Nacional e Local. Ademais, desprázase ao punto unha dotación do distrito forestal da zona, dependente da Consellería de Medio Rural, para cooperar nas tarefas de abastecemento de auga.
Publicidade
O incendio, que foi sufocado pasadas as tres da madrugada, afectou a toda a nave, especialmente ao seu interior, onde había vehículos e depósitos de aceite. Por fortuna, ninguén resultou ferido.
Comentarios