Un incendio activa un amplo operativo nun almacén industrial
- ecosdacomarca

- hace 2 días
- 1 Min. de lectura
Ecos da Comarca/Xeral
Os servizos de emerxencias traballan desde primeira hora da tarde nun incendio declarado nunha nave industrial empregada como almacén no Barco de Valdeorras. Trátase dunha empresa dedicada ao sector metalúrxico.

Foi a Policía Local quen alertou ao 112 Galicia minutos despois das 15:30 horas, indicando que un intenso fume saía polas ventás superiores das instalacións situadas na avenida de Galicia, no Barco.
Publicidade
Desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias activouse un operativo no que participan os Bombeiros e o GES de Valdeorras, a Garda Civil, a Policía Local e os voluntarios de Protección Civil do Barco. Ademais, desprazouse ao punto unha unidade de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, de maneira preventiva, así como persoal do distrito forestal da zona.
Publicidade
Pouco despois, os medios despregados informaron de que o teito das instalacións colapsara. Nestes momentos, continúan os traballos de extinción.








Comentarios