Un home tivo que excarcerado tras envorcar co seu coche en Monterroso
- ecosdacomarca
- hace 6 horas
- 1 Min. de lectura
Ecos da Comarca/Monterroso
Un home tivo que excarcerado tras envorcar co seu coche en Monterroso.

PUBLICIDADE
Contra o mediodía, un particular alertou ao 112 Galicia de que observaba un coche envorcado na avenida de Pontevedra, en Esporiz (Monterroso). Naquel momento, varias persoas trataban de sacar o implicado do vehículo. De inmediato, activouse un operativo no que participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os Bombeiros de Chantada, o GES de Monterroso e a Garda Civil de Tráfico.
PUBLICIDADE
Unha vez no punto, os membros do GES encargáronse da liberación do ferido, que estaba consciente e foi evacuado en ambulancia ao centro hospitalario de referencia.
Comentarios