top of page
Foto del escritorecosdacomarca

Un home ten que ser trasladado logo de ter un accidente cunha fresadora en Vila de Cruces

 

Ecos da Comarca/Vila de Cruces

Un home ten que ser trasladado logo de ter un accidente cunha fresadora en Vila de Cruces. Estaban a piques de cumprirse as 12:00 horas deste mediodía cando o 112 Galicia foi coñecedor deste accidente a través do Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, o cal explicou que a persoa implicada quedara coa perna atrapada coa fresa. Do mesmo xeito informaron que se mobilizaría tanto un helicóptero medicalizado como unha ambulancia ata Camanzo, parroquia onde tivo lugar o suceso.

Igualmente, os xestores do 112 Galicia pasaron o aviso aos Bombeiros e aos GES do Deza por se fose necesaria a súa intervención para liberar á persoa ferida. Tamén foron informados a Garda Civil de Pontevedra, Policía Local e a Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Vila de Cruces.


Publicidade

Finalmente o varón foi atendido e trasladado polos profesionais do Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 en ambulancia ata o hospital de referencia logo de sufrir unha luxación no xeonllo por mor do accidente coa maquinaria agrícola.


0 comentarios

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page