top of page

Un home resultou ferido logo de recibir un couce dun cabalo en Noia

Foto del escritor: ecosdacomarcaecosdacomarca

Ecos da Comarca/Xeral

Un home resultou ferido logo de recibir un couce dun cabalo en Noia. Un familiar contactou co 112 Galicia para pedir axuda. Sucedeu en Noia, nunha finca situada en Argote, en Barro, no concello coruñés de Noia.

Autor: Ecos da Comarca.

Un particular contactou, ao fío das 13:00 horas, co 112 Galicia para solicitar asistencia sanitaria para o seu pai, que estaba tendido no chan logo de recibir un couce dun cabalo na cabeza.

Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información.

Desde o 112 Galicia informouse decontado ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061. Ao mesmo tempo, os servizos sanitarios solicitaban medios ao 112 para evacuar ao ferido, posto que, o acceso podía ser complexo para que o vehículo sanitario chegara a onde se atopaba o paciente.


Así, os xestores de emerxencias comunicaron a situación aos Bombeiros de Boiro e ao GES de Noia, así como aos efectivos da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil da localidade.


Publicidade

Preme na imaxe se queres contactar connosco.

Unha vez no punto, os Bombeiros comunicaron ao 112 Galicia que xunto co persoal sanitario recolleron ao paciente  na cadeira da ambulancia e levárono ata onde se atopaba o vehículo sanitario medicalizado, que o trasladou ao Hospital Clínico Universitario de Santiago.

0 comentarios

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page