top of page

Un home resultou ferido en Palas de Rei ao envorcar o tractor que manexaba

Ecos da Comarca/Palas de Rei

Un home resultou ferido en Palas de Rei ao envorcar o tractor que manexaba, tal e como informa o 112 Galicia. Foi trasladado consciente a bordo dun helicóptero medicalizado.

foto
Foto de arquivo.

Minutos antes das 16:30 horas, un particular informou ao 112 Galicia de que un home acababa de sufrir un accidente nunha leira de A Carreira, pertencente á parroquia de Maceda. O tractor que estaba a manexar o implicado envorcou e, a pesar de que o alertador conseguiu liberalo, necesitaba asistencia sanitaria urxente.


PUBLICIDADE
Preme na imaxe se queres contactar connosco.

De inmediato, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias solicitouse a acción de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, da Garda Civil e dos voluntarios de Protección Civil de Palas de Rei.


O persoal sanitario desprazouse ao momento a bordo do helicóptero medicalizado con base en Ourense, que finalmente trasladou ao ferido consciente ao hospital de referencia.

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page