Un home resulta ferido tras colisionar un turismo cunha retroescavadora en Celanova
- ecosdacomarca

- 10 abr 2025
- 1 Min. de lectura
Ecos da Comarca/Xeral
Un home resulta ferido tras colisionar un turismo cunha retroescavadora en Celanova. Os servizos de emerxencia tiveron que intervir esta mañá en Celanova, tras un accidente de tráfico no que se viu implicado un turismo e unha máquina retroescavadora. O sinistro produciuse na estrada OU-0204, ao seu paso por Bobadela, concretamente no quilómetro 2, tal e como informa o 112 Galicia.

Foi arredor das 11:45 horas cando o 112 Galicia recibiu os primeiros avisos do suceso a través das chamadas de varios particulares. Entre eles, unha muller que tamén viaxaba no turismo, quen advertía da posibilidade de que un home permanecese atrapado no interior do vehículo.
Publicidade
Ante esta información, desde o 112 Galicia mobilizouse de inmediato ao persoal de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos membros do GES de Celanova, aos axentes da Garda Civil de Tráfico e da Policía Local, así como aos efectivos de Protección Civil.
Finalmente, foi necesaria a excarceración do home por parte dos equipos de rescate antes de proceder ao seu traslado ao centro hospitalario de referencia.







Comentarios